A recuperación da soberanía chinesa sobre Hong Kong pecha un período histórico asociado coa decadencia e crise do vello Imperio do Centro. China pode consolidar en Hong Kong unha nova etapa de prosperidade se consegue disipar algunhas incertidumes que hipotecan este peculiar camiño de volta.